Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2019

O Día da Ciencia na Rúa celebra a súa vixésimo cuarta edición

Realízase no parque de Santa Margarida de 11.00 a 19.00 horas.

Esta feira da ciencia ten como protagonistas principais o alumnado e o profesorado de 47 centros educativos da Coruña, Betanzos, Culleredo, Arzúa, Ferrol, Ribadeo, Cambre, Carral, Laxe, Oleiros, Mugardos, Pastoriza, Miño e Lugo. Traen desde as súas aulas numerosas actividades e experiencias para convidar a cidadanía a descubrir, aprender e xogar coa ciencia.

O efecto dos plásticos sobre o medio ambiente, actividades de robótica, experiencias sobre o cambio climático, xogos matemáticos, o coñecemento do corpo humano con realidade virtual, xogos de escapismo, exposición dunha maqueta de vivenda sustentable e intelixente, ou un modelo de géyser son algunhas das propostas escolares para esta xornada.

Os Museos Científicos Coruñeses súmanse a este día con xornada de portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademais, o Planetario ofrecerá un maratón de sesións.

Tamén destaca a participación de numerosas entidades e institucións que presentarán actividades, como diferentes centros e departamentos da Universidade da Coruña, o Centro Oceanográfico da Coruña, ou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.

Unha actividade finaciada pola FECYT, Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión