Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2022

O Día da Ciencia na Rúa volve ao Parque de Santa Margarida

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas

O sábado 7 de maio volve ao Parque de Santa Margarida o Día da Ciencia na Rúa. A festa ten como protagonistas principais ao alumnado e ao profesorado de centros educativos de diversas localidades galegas. Nesta ocasión, 35 centros da Coruña, Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Cambre, Carral, Coristanco, Ortigueira, Arteixo e Miño traen as actividades e experiencias que prepararon durante meses para convidar á cidadanía para descubrir, aprender e xogar coa ciencia, en horario de 11.00 a 19.00 horas.

Tamén estarán presentes numerosas entidades e institucións vencelladas á actividade científica. A Universidade da Coruña participa coa Facultade de Ciencias, UDCiencia d+i, a Escola de Enxeñeiros de Camiños, a Agrupación Estratéxica do Centro de Investigacións Avanzadas (CICA), o Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Cátedra EMALCSA-UDC.

Tampouco faltarán á cita outras institucións asentadas na cidade, como o Centro Oceanográfico da Coruña, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, a Agrupación Astronómica Ío, ou Bricolabs, entre outras.

Xornada de portas abertas nos Museos Científicos

Ademais, os Museos Científicos Coruñeses súmanse a este día con xornada de portas abertas nos seus tres centros.

Na Casa das Ciencias, no centro da festa no parque, a entrada será libre neste día. Para as sesións de Planetario deberá retirarse un convite, que se repartirá media hora antes de cada sesión.

Na Domus e no Aquarium será preciso reservar as entradas para gozar desta xornada de portas abertas. As reservas poden facerse desde o mércores 4 de maio picando nestas ligazóns:

Reservas Domus

Reservas Aquarium Finisterrae

O XXVI Día da Ciencia na Rúa está organizado por Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e Cátedra EMALCSA-UDC.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.

Documentos:

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DCR22 (5 MB)

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión