26 de marzo de 2018
A experiencia busca levar a audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta
Historicamente os planetarios foron espazos abertos á experimentación e ao encontro interdisciplinar de diferentes iniciativas culturais. Neste sentido, Vortex-The Seasons é unha aposta para achegar ao público a interesante comuñón entre a música electrónica de corte experimental e a visualización de imaxes proxectadas sobre a cúpula do Planetario. A experiencia busca levar a audiencia a través dunha viaxe visual e sonora polo espazo, máis aló do noso planeta.
O ciclo contará con catro sesións, a primeira das cales realizarase o 6 de abril, presentando unha variedade de artistas e creadores musicais e visuais que compoñen pezas para esta idea singular de viaxe espacial.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible