Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2019

O Planetario estrea o programa infantil «El cielo de Cloe»

«El cielo de Cloe» incorpórase á programación desde o luns 23 de decembro, con pases ás 17.00 horas.

Cloe é unha profesora do planetario bastante especial, porque é capaz de cambiar de tamaño ou mesmo de estar en varios lugares á vez. Tamén é un pouco meiga, porque cando quere mostrarnos algo abóndalle con facer desaparecer o Planetario e levarnos a percorrer a cidade, acompañarnos a un bosque ou acompañarnos ao firmamento para coñecer persoalmente algunhas das estrelas que o habitan.

El cielo de Cloe está recomendado para nenos e nenas de 4 a 6 anos e ten unha duración de 35 minutos.

>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 23 ao 31 de decembro será a seguinte:

  • 12:00 h A noite do vampiro (excepto o 28 de decembro)
  • 13:00 h Llévame a la Luna
  • 17:00 h El mundo de Cloe (excepto 24 e 31 de decembro)
  • 18:00 h Lévame á Lúa (excepto 24 e 31 de decembro)

>> A programación do Planetario da Casa das Ciencias do 2 ao 7 de xaneiro será a seguinte:

  • 12:00 h A noite do vampiro
  • 13:00 h Llévame a la Luna
  • 17:00 h El mundo de Cloe

O 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro, o Planetario está pechado.

El cielo de Cloe está producido polo Planetario de Madrid co patrocinio da Fundación La Caixa.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión