Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de maio de 2022

O tanque cilíndrico do Aquarium Finisterrae renova o seu contido de especies

Presenta unha poboación de sepias nacidas nas instalacións do Aquarium Finisterrae.

O tanque cilíndrico de gran volume, situado na entrada da sala Maremagnum, renovou o seu contido e presentou unha poboación de sepias (Sepia officinalis) nadas nas instalacións do Aquarium Finisterrae. Estes cefalópodos están precisamente agora na súa época de reprodución, momento en que os machos adquiren a coloración de galanteo e exhiben un patrón de raias parecidas ás dunha cebra.

Entre as características máis destacables das sepias está a súa gran capacidade de camuflaxe. Poden cambiar tanto a cor como a textura da súa pel grazas a unhas células con pigmento que lles permite adquirir a coloración da contorna, o que moitas veces as fai invisibles.

Tamén que, aínda que poidan nadar tranquilamente, teñen un sistema de propulsión que lles permite moverse con gran rapidez. Para iso contraen bruscamente a musculatura do seu corpo, o que empuxa a auga interior cara a un sifón polo que sae con gran velocidade.

As sepias, ademais, teñen unha estratexia de defensa que consiste en que, cando se senten ameazadas, poden lanzar un chorro de tinta que na auga forma unha nube escura, o que lles permite escapar.

Na costa galega viven tres especies de sepia que se diferencian polo número de filas de ventosas dos tentáculos e pola forma do bordo do manto. A sepia común ou xibia (Sepia officinalis) posúe 4 filas lonxitudinais de ventosas e o bordo do manto forma un ángulo obtuso coa cabeza. O chopiño ou choquiño (Sepia elegans) posúe dúas filas lonxitudinais de ventosas e o bordo do manto forma ángulo agudo coa cabeza. O chopiño bicudo (Sepia orbignyana) distínguese porque ten unha espiña que sobresae entre os lóbulos da parte posterior do manto.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión