Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do Documental Correspondencias Sonoras

de Manuel del Río

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/05/2019

Xa rematou

Horario:

Faranse varias proxeccións ao longo de todo o día

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

 Entrada libre (até completar a capacidade)

Documentos:

PROGRAMA RESIS 2019 (4 MB)

Correspondencias Sonoras é un documental de Manuel del Río que plasma a labor da ensemble galega de música contemporánea Vertixe Sonora.

Director, productor e escritor, Manuel del Rio é unha figura absolutamente inclasificable do novo cinema galego. Despois de realizar diversas curtametraxes nas que se dan a man o cinema experimental e a música de vangarda, presenta Correspondencias Sonoras, unha longametraxe documental que segue o día a día do Vertixe Sonora Ensemble.

​Filmado no Centro Galego de Arte Contemporánea inclúe entrevistas, concertos, conferencias, exposicións... Compositores coma Ramón Souto ou David Hérnandez Ramos reflexionan sobre vangarda, a relación co público e a escoita nunha proposta imprescindible para coñecer a música do noso tempo.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión