Escrito por Juan Carlos Medal, Jaítos, e traducido e editado pola poeta e astrónoma amadora Estíbaliz Espinosa.
Para público en xeral
27/12/2022
Xa rematou
Martes 27 de decembro, ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar o capacidade
«El universo de Doña Urraca» foi un conto escrito para escolares polo mestre e técnico do planetario da Casa das Ciencias da Coruña Juan Carlos Medal, Jaítos, coa finalidade de servir de fábula sobre o ceo nocturno e as estrelas máis brillantes. Postumamente, pois Jaítos faleceu o 18 de xullo de 2010, ve a luz en forma de libro «O universo de dona Pega», traducido ao galego e editado por Estíbaliz Espinosa e ilustrado por Mariaxe Colaxe.
Esta edición foi posible grazas á complicidade de amizades e persoas coñecidas de Jaítos, como o astrofísico Borja Tosar ou o director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado; tamén grazas á axuda do Concello da Coruña e á iniciativa O entrelazamento, promovida por Estíbaliz Espinosa ao redor da poesía, a astronomía e a música. Por iso, na presentación do próximo 27 de decembro ás 19.30 h estarán tamén os músicos Paulo Pascual, ao theremin, e Isabel Gómez Alonso, ao piano.
Neste acto lembraremos o mestre que tantas veces contou historias baixo a cúpula do Planetario que hoxe en día leva o seu nome, Juan Carlos Medal, Jaítos.
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán unha decena de crías de galiña
29 de setembro de 2024
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 16 de novembro no Concello da Coruña.
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible