8 de novembro de 2019
Para beneficiarse da bolsa hai que presentar o documento da súa aceptación entre o 11 de novembro e o 22 de novembro, ambos incluídos.
No documento que se achega publícanse as listas definitivas de bolsas comedor. Todas as persoas beneficiarias deben pasar polo seu centro cívico de referencia, fóra daquelas cuxo centro de referencia sexa o Centro Cívico Rosales, que deberán acudir ao Centro Cívico de Labañou. En cada centro cívico entregaráselles o documento que teñen que presentar obrigatoriamente nos servizos de comedor correspondentes e tamén en calquera dos rexistros municipais. De non presentar este documento en tempo e forma en ambos os sitios, a persoa deixará de ser beneficiaria da bolsa de comedor.
O prazo para presentar o documento de aceptación da bolsa será desde o 11 ao 22 de novembro, os dous días incluídos.
Toda a información está publicada no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible