Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de setembro de 2021

Reapertura da Casa das Ciencias e Domus

O martes 28 de setembro reábrense ao público as salas de exposicións interactivas de ambos os museos.

A Casa das Ciencias e a Domus reabrirán as súas salas de exposicións interactivas para as visitas do público. Co fin de garantir o control de capacidades, para realizar unha visita a calquera dos dous museos será necesario realizar unha reserva previa de entradas na plataforma en liña habilitada para iso. O sistema de reservas é o mesmo que se utilizou para o Aquarium Finisterrae desde a súa reapertura, e permite o acceso por tramos horarios ás instalacións. A duración da visita non está limitada.

Reservas Casa das Ciencias

Reservas Domus

Reservas Aquarium Finisterrae

Todas as persoas que visiten os Museos Científicos Coruñeses deberán usar de forma obrigatoria a máscara durante toda a visita e manter a distancia de seguridade.

Inicio do curso escolar nos Museos Científicos Coruñeses

Ademais, a partir do luns 4 de outubro, comezará a campaña do curso escolar nos Museos Científicos Coruñeses, coa apertura das reservas para os grupos educativos que poderán gozar das exposicións e actividades que se programaron para este curso.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión