A entrada aos Museos Científicos será gratuíta, con reserva previa de entradas para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario (reservas a partir das 9.00 h do día anterior)
Para público en xeral
Dende o 07/11/2026 ata o 15/11/2026
Das 10.00 ás 19.00 horas.
Último acceso ás 18.00 horas, no Aquarium Finisterrae, e ás 18.30 horas, na Casa das Ciencias e na Domus
Gratis. Require reserva de entradas para acceder ao Aquarium Finisterrae e para asistir a unha sesión de Planetario na Casa das Ciencias.
A Semana da Ciencia 2026 nos Museos Científicos Coruñeses terá 9 días consecutivos de entrada gratuíta, nos que o público poderá gozar das exposicións interactivas dos tres centros, que abrirán todos os días de 10.00 as 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.
Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse a partir das 09.00 horas do día anterior á visita nesta ligazón. Para facilitarlle o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
Na Casa das Ciencias a visita ás salas de exposición será libre, sen reserva previa. Con todo, as persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario deberán retirar invitacións previamente, a partir das 09.00 horas do día anterior nesta ligazón. A programación do planetario será a seguinte:
De luns a venres:
• 18.00 h. Sesión en directo sobre o ceo do mes (cast/gal, maiores de 10 anos)
Sábados e domingos:
• 11.30 h. «Polaris» (gal, maiores de 6 anos)
• 13.00 h. «3CLIPSE» (cast, maiores de 10 anos)
• 17.00 h. «Hazenults» (cast, de 4 a 6 anos)
• 18.00 h. Sesión en directo sobre o ceo do mes (cast/gal, maiores de 10 anos)
Na Domus a visita será libre, sen reserva previa, limitada só no caso de que a capacidade do museo estea completa.
A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXIX Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que se celebrará no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 14 de novembro.

13 de outubro de 2026
A sala Isabel Castelo presenta a mostra «Fotografías da natureza 2026», e o Corredor López Seoane, «Pecios nas costas galegas»

20 de setembro de 2026
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 14 de novembro no Concello da Coruña

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible