Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de marzo de 2021

Semana Santa 2021 nos Museos Científicos

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días, con reserva previa de entrada.

Os tres museos científicos municipais estarán abertos todos os días da Semana Santa, do 27 de marzo ao 5 de abril, coas mesmas condicións de acceso que veñen aplicando desde o verán pasado.

Así, as visitas á Casa das Ciencias, aberta só para sesións de Planetario, á Domus, aberta só para asistir a un programa de actividades, e o Aquarium Finisterrae, precisan dunha reserva previa de entrada, que se pode facer cun máximo de 3 días de antelación.

Estes son os horarios e as actividades que se ofrecen:

AQUARIUM FINISTERRAE

Aberto de 10.00 a 19.00 horas de luns a domingo. Último acceso ás 18.00 horas.

O Aquarium está aberto para visitas libres, aínda que están deshabilitados os elementos interactivos do museo. É imprescindible realizar unha reserva previa de entrada, aquí.

CASA DAS CIENCIAS

O acceso á Casa das Ciencias está limitado a asistir ás súas sesións de Planetario. A visita libre ás salas de exposicións non está dispoñible.

É imprescindible a reserva previa de entrada ás sesións de Planetario, aquí.

A programación do Planetario será esta:

  • 11.00 h. «Da Terra ao universo». Para maiores de 10 anos.
  • 13.00 h. «Más allá del Sol». De 6 a 12 anos.
  • 16.30 h. «El cielo de Cloe». De 4 a 6 anos.
  • 18.00 h. «Lévame á Lúa». Para maiores de 10 anos.

DOMUS

Está aberta exclusivamente para asistir a algunha das actividades programadas. A visita libre polas salas de exposicións non está dispoñible.

A reserva de entrada ás actividades pode facerse aquí.

Este é o programa de actividades da Domus:

  • maker@domus: actividades para experimentar a cultura «maker» e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. A partir de 8 anos.
  • atapuerca@domus: proxección da película «En busca do primeiro europeo», foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. A partir de 8 anos.
  • misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. A partir de 6 anos.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión