Concello da Coruña

Concello da Coruña

Smoke on the water

Texto e dirección de Santiago Cortegoso Premio de Teatro Mome Varela Buxán 2013.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/04/2022 ata o 09/04/2022

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

85 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

Ibuprofeno Teatro

Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, morte e, por suposto, de amor.

Ritchie vive ancorado no rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de dependencia imposible de desenlear. Este status quo absurdo, en contínua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.

Un espectáculo para público adulto con música en directo que mestura o humor negro coa crítica social

Con: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio

*Venda de entradas a partir do 13 de xaneiro

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión