Concello da Coruña

Concello da Coruña

SUBENTDEP

Convocatoria extraord. subvencións para entidades deportivas

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Deporte

Vixente:

Si

Convocatoria extraordinaria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades deportivas

Convocatoria extraordinaria Subvencións para entidades deportivas 2022

Inscricións:

Dende o 26/08/2022 ata o 09/09/2022

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Entidades deportivas sen ánimo de lucro con sede social ou delegación no termo municipal da Coruña, que teñan por obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas para os 3 tipos de actividades da convocatoria.

Requisitos:

Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data da proposta definitiva de concesión da subvención, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, os seguintes:

  1. Que carezan de fins de lucro e que, de acordo cos seus estatutos, teñan obxectivos e finalidades coincidentes co obxecto da subvención. O cumprimento deste requisito esixirá en todo caso estar constituído de conformidade coa normativa vixente e debidamente inscritos no correspondente Rexistro Administrativo.
  1. Que a actividade ou proxecto para a que se solicite a subvención sexa coincidente con algunha das finalidades recollidas na Base 3 da presente convocatoria.
  1. Que xustificasen a subvención anteriormente outorgada polo Concello da Coruña, agás que aínda non transcorrese o correspondente prazo de xustificación.
  1. Que se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria estatal e autonómica, o Concello e a Seguridade Social. Na solicitude de subvención o interesado autoriza ao Concello para consultar o cumprimento deste apartado. De non facelo, deberá o interesado achegar as certificacións acreditativas oportunas.
  1. Se a actividade para a que se solicita a subvención ten como suxeitos a menores de idade, deberá presentarse unha declaración responsable de que todo o persoal (incluído o voluntario) encargado de realizar tales actividades que impliquen contacto habitual con menores cumpre co requisito previsto no artigo 13.5 da Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor.
  1. Que non obtivesen 2 ou máis subvencións con cargo á convocatoria ordinaria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña do exercicio 2022 (BOP n 19, de data 28/1/2022).

No caso de entidades deportivas que teñan aprobado un convenio nominativo no Anexo de Subvencións Nominativas do Orzamento Municipal do exercicio 2022 e que recibisen unha ou máis subvencións con cargo á convocatoria ordinaria de subvencións de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas do Concello da Coruña do exercicio 2022 (BOP n19, de data 28/1/2022), non poderán optar a solicitar ningún tipo de axuda con cargo a esta convocatoria

  1. Os demais contemplados na Ordenanza Xeral de Subvencións da área de Benestar do Concello da Coruña e na Lei Xeral de Subvencións.

Prezo / Custo:

Ningún.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría Delegada de Deportes.

Máis información:

Tipos de actividades subvencionadas:

  • Tipo 1 e 1.1.- Actividade Deportiva.
  • Tipo 5.- Actividades deportivas de carácter extraordinario.

- Unha mesma entidade deportiva só pode solicitar un máximo dunha (1) subvención de entre o total de tipos enumerados na Base 3.

- Por tanto, só se pode presentar unha única solicitude por entidade deportiva. No caso de que a entidade deportiva perciba unha axuda de forma directa (convenio nominativo) por parte da Concellaría de Deportes ou dun ente colaborador, terá dereito a solicitar 1 subvención, sempre que non fosen beneficiarios dalgunha subvención na convocatoria ordinaria de subvencións a entidades deportivas do exercicio 2022.

- O importe máximo do orzamento susceptible de ser subvencionado será o 80 % do total do mesmo. Establécese un importe máximo a solicitar de 6.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 1 e 1.1, e de 10.000,00 euros por cada subvención solicitada de tipo 5.

Pode acceder á publicación da bases no BOP de data 25 de agosto de 2022

Presentación

Prazo de presentación:

Do 26 de agosto ao 9 de setembro

Documentación necesaria:

  • Solicitude específica debidamente cuberta
  • Impreso de presentación de solicitude de xustificación .
  • Memoria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
  • Memoria complementaria da actividade para a que se pide subvención (1 por actividade)
  • Orzamento de Ingresos e Gastos segundo modelo (1 por actividade)
  • Estatutos da entidade, en caso de non estar inscrita no REMAC
  • Copia NIF: copia NIF de persoa representante
  • Certificación cargos representativos e domicilio social, en caso de non estar inscrita no REMAC
  • Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificado Tesourería Municipal: Certificado de non ter débedas coa Tesourería Municipal, só en caso de oposición a que o concello realice a consulta de datos
  • Certificación datos bancarios: Certificación dos datos bancarios, só en caso de modificación.

Documentos relacionados

  • Solicitude específica Subvención deportes 2022 (246 KB)
  • Xustificación da subvención de deportes 2022 (858 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 1. Subvención Deportes 2022 (136 KB)
  • Memoria complementaria actividades Tipo 5. Subvención Deportes2022 (199 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Consultar o apartado anterior: "Documentación necesaria".

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a suvbención que solicita, segundo fica especificado na apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1902

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Seis meses, a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

O período utilizado para a corrección de deficiencias e/ou achega de documentos interromperá o citado prazo.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

O prazo de presentación de correccións será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da súa publicación.

En caso de optar pola corrección telemática, deberá facerse mediante o trámite de Achega de documentación dispoñible nesta sede.

Recursos posibles:

  • Recurso potestativo de reposición
  • Recurso contencioso-administrativo

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión