Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Traxedia da Escoita, David Durán (piano)

Concerto /Conferencia

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

18/05/2019

Ya ha finalizado

Horario:

20:30 h

Dirección:

Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña

Precio:

 Entrada libre

(ata completar aforo)

Documentos:

PROGRAMA REIS 2019 (4 MB)

Toshio Hosokawa (1955), Luigi Nono (1924-1990) e Enrique X. Macías (1958-1995) conforman a terna que protagoniza o recital de David Durán Arufe (piano), solista de Vertixe Sonora.

De Hosokawa presenta Nacht Klänge, única peza acústica do programa que  evoca os "sons da noite" cun singular imaxinario sonoro que aúna innovación e forte raizame nas tradicións xaponesas.

Acompáñalle no programa .....sofferte onde serene... para piano e banda magnética, onde Luigi Nono expresa a experiencia da dor e que constitúe unha referencia absoluta do pianismo con medios electrónicos do século XX. O son acústico e os pregravados (con)fúndense en resposta ás campás que resoan sobre unha lagoa na súa Venecia natal.

O entramado sonoro da un paso máis con Cadencias e Interludios / Percurso I, unha composición do malogrado compositor vigués Enrique X. Macías, para piano, banda magnética e dispositivo electroacústico que propón refinadas relacións entre o son orixinal do instrumento, os gravados e os resultantes da manipulación da electrónica en vivo.

Coa participación do cociñeiro Alhambra Xoán Crujeiras que realizará unha creación gastronómica en homenaxe do compositor vigués Enrique X. Macías.

Novedades

Noticias

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión