Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2019

Veredicto do Xurado do XX Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

A final tivo lugar na Domus na mañá do sábado 30 de marzo.

VEREDICTO DO XURADO:

Modalidade de Educación Primaria:

Primeiro premio: "Por que o mesmo pan na Coruña ponse brando e en Ourense ponse duro?", presentado por Ana María Bouzas Fraga, do CEIP Vicente Otero Valcarcel, Carral.

Segundo premio: "Como se rexeneraría a vexetación de Roxos despois dun incendio?", presentado por Manoel Iago Vázquez Rodríguez, do CEIP de Roxos, Santiago de Compostela.

Terceiro premio: "Poderiamos cambiar a cor dos pétalos de calquera flor usando unicamente cores primarias na auga?", presentado por María José Ferreira Pérez e Isabel Espiñeira Suárez, do CPI Castro Baxoi, Miño.

Modalidade de Investigación Científica en Ensino Secundario Obrigatorio:

Primeiro premio: "Podemos coñecer a carga bacteriana das moedas e billetes de euro e deseñar unha carteira bactericida?", presentado por Carla Pereira Rodríguez e Ainhoa Rúa Guitián, do Colexio Plurilingüe San José - Josefinas, Ourense.

Segundo premio: "Afecta o tipo de fertilizante, orgánico ou inorgánico, ao contido de vitamina C das verduras?", presentado por Pablo Villares Fernández, do Colexio Obradoiro, A Coruña.

Terceiro premio: "Como afecta a radiación de microondas ás sementes de faba (Phaseolus vulgaris)?", presentado por Pablo Oroza, Luis Tovar e Marcos Romero, do Colexio Obradoiro, A Coruña.

O xurado estivo presidido, por delegación do Excmo. Sr. Alcalde da Coruña, por Francisco Armesto Ramón, director técnico de Desenvolvemento e actividades dos Museos Científicos Coruñeses.

Estivo constituído ademais por:

Montse Pérez, profesora da UDC, María Ces, mestra no CEIP Ponte dos Brozos, Cristina López, profesora do IES Sofía Casanova, Óscar Sánchez, da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Marcos Pérez Maldonado, xefe do Servizo Museos Científicos, actuou como secretario do xurado.

Premios

Os premios para quen chegou a esta final son aparellos tecnolóxicos e, no caso das aulas finalistas na modalidade de Primaria, unha visita especial ao Aquarium Finisterrae. Ademais, os traballos gañadores en cada modalidade poderán presentarse na feira científica Galiciencia de Ourense.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión