Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2021

Visitas virtuais en Entroido

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen visitas virtuais para os días de Entroido 15, 16 e 17 de febreiro.

Os Museos Científicos Coruñeses ofrecen en Entroido visitas virtuais para público xeral. Estas visitas son gratuítas e realízanse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para conectarse co persoal de atención ao público que estará a dirixir a actividade desde o museo, co que ademais se poderá conversar a través do vídeo ou do chat.

As visitas que se ofrecen son as seguintes:

Casa das Ciencias

  • Exposición «Puro Swing». Para asistir ás máis sorprendentes demostracións sobre o movemento dos péndulos, comprender o segredo do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.

Domus

  • Laboratorio Aberto: disección en directo de corazón. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.

Aquarium Finisterrae

  • Nautilus: visita á sala máis espectacular do Aquarium, onde nadan os peixes de maior tamaño, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, e os bancos de xardas e xurelos. Horario: 11.30, 13.00 e 17.00 horas.

RESERVAS PARA OS DÍAS DE ENTROIDO

As persoas que desexen participar nalgunha destas visitas virtuais deben realizar unha reserva neste formulario, que estará aberto ata o xoves ás 20.00 horas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión