Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2018

Volve a actividade «Aventura coas focas»

A preinscrición ábrese o 1 de outubro ás 10 horas. Ofrécense 140 prazas (10 participantes por día) para as sesións de outubro, novembro e decembro de 2018

O Aquarium propón unha actividade especial de fin de semana na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación.

A actividade terá lugar sábados e domingos ás 11.00 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta.

Para participar hai que preinscribirse o luns 1 de outubro a través deste formulario electrónico

Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10.00 e as 13:00 horas do 1 de outubro.

As persoas inscritas deberán aboar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión