Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2022

Volven as sesións de último sábado de mes no Planetario

Estas sesións realizaranse de forma presencial todos os últimos sábados de cada mes ás 11.00 horas, e están dirixidas a persoas afeccionadas á astronomía con coñecementos previos.

O sábado 30 de xullo o Planetario da Casa das Ciencias realizará a primeira sesión presencial de «El cielo para enterados», tras un intervalo de suspensión debido á pandemia da Covid-19. Trátase dunha sesión especial de planetario en directo que contará con dúas partes, a primeira dedicada a presentar os detalles da observación do ceo do mes entrante e a segunda dedicada á «postal planetaria» ofrecida por Borja Tosar.

Estas sesións están dirixidas a un público afeito a observar o ceo nocturno e con coñecementos previos. A entrada é gratuíta, pero é necesario retirar unha invitación na recepción da Casa das Ciencias. As invitacións repartiranse (máximo de dúas por persoa) media hora antes do inicio da sesión, ata completar a capacidade.

Postal planetaria

A sesión de último sábado de mes completarase coa presentación dunha postal planetaria a cargo de Borja Tosar, colaborador habitual da Casa das Ciencias, quen, durante a suspensión das sesións presenciais, continuou ofrecendo a actividade a través da canle YouTube dos Museos Científicos Coruñeses.

Agora volve de xeito presencial ao Planetario, cunha postal na que Tosar analizará as fabulosas imaxes enviadas estes días polo telescopio espacial James Webb, que abren unha nova era na astronomía.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión