16 de abril de 2019
Contén unha colección de carteis das exposicións que presentou nestes vinte anos.
O 5 de xuño de 2019 o Aquarium Finisterrae cumpre vinte anos. Aínda que, como di a letra do famoso tango de Carlos Gardel, sentimos que "é un sopro a vida, que vinte anos non son nada", o certo é que durante todo este tempo organizáronse moitas exposicións e actividades e son moitísimas as persoas que visitaron o Aquarium. En homenaxe a todas elas, preséntase a exposición Aquarium Finisterrae: 1999-2019, que mostra os carteis das exposicións que produciu a Casa dos Peixes desde a súa inauguración.
Son 53 carteis, correspondentes a outras tantas exposicións temporais, moitas delas aloxadas na sala Isabel Castelo, dedicada a coleccións de fotografías sobre natureza e temas relacionados co mar.
Tamén están os carteis das grandes producións interactivas presentadas na sala Humboldt, dedicadas a temas tan variados como o mar Caribe, os cabaliños de mar, os cefalópodos, os fármacos obtidos de especies mariñas, a acuicultura ou a reprodución dos seres vivos acuáticos.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
Tamén che pode interesar
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible