Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2020

O ceo de Galicia brilla na planta baixa da Casa das Ciencias

A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.

Desde o mércores 30 de decembro, a planta baixa da Casa das Ciencias conta cunha exposición fotográfica con imaxes dos ceos de Galicia. A mostra recolle instantáneas de «Ceos galegos», un proxecto de divulgación científica dirixido por X. Dosi Veiga, centrado en dar a coñecer paisaxes galegas onde o protagonista é o ceo, diúrno ou nocturno.

As espectaculares imaxes admiten lecturas desde diferentes disciplinas como a astronomía, a xeoloxía, a bioloxía, a arqueoloxía ou a meteoroloxía. Moitas delas ofrecen panoramas inéditos de lugares mil veces visitados, ou que permite establecer un interesante diálogo no que o coñecemento científico engade novos significados a lugares que forman parte da nosa memoria e cultura colectivas.

As imaxes veñen acompañadas por breves textos da poetisa Estíbaliz Espinosa, que ás veces interpretan, ás veces suxiren e ás veces iluminan algún aspecto da imaxe que temos diante. Nesta selección pódese perder a mirada na nebulosa de Orión, desde Estaca de Bares; no cometa Neowise, desde A Veiga; ou en Saturno, Xúpiter, a Vía Láctea e o mar de Ardora, desde a praia de Carnota.

Debido á situación sanitaria actual, só é posible acceder ao planetario da Casa das Ciencias e sempre con reserva de entrada previa, polo que esta exposición unicamente se pode visitar ao entrar ou saír dunha sesión do planetario.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión