Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Que é unha sesión de planetario en directo?

Nunha sesión en directo o público pode participar e dialogar coa persoa que manexa o planetario, que nos leva por estrelas e constelacións visibles a primeira ollada. Un percorrido sempre diferente e salpicado de lendas, música e curiosidades da vida cotiá.

As visitas escolares poden gozar de sesións en directo. Para o público xeral hai sesións en directo as fins de semana e festivos (durante o curso escolar) e a diario (en xullo e agosto).

Tamén hai sesións especiais en directo o último sábado de cada mes:

  • 11:00 O ceo para informados/as | 50 min, público xeral (+ 14 anos con coñecementos previos en astronomía). Para persoas afeccionadas á astronomía con experiencia.
  • 12:00 O ceo do mes | 50 min, público xeral (+ 10 anos). Para descubrir o ceo das próximas semanas.

Os programas gravados son documentais e contos sobre astronomía. Ademais de estrelas e planetas, na cúpula do planetario proxéctanse ilustracións, fotografías panorámicas e animacións xeradas por ordenador.

Pode ser do seu interese

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?