Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Inicio
  • Premios
  • Premio Luís Freire de investigación científica na escola

Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Os Museos Científicos Coruñeses instauraron o Premio Luís Freire de Investigación Científica na Escola en 1999, para promover entre o estudantado galego valores como a creatividade, a imaxinación, a constancia e o espírito crítico.

>> XIX CONVOCATORIA (CERRADA)

Gañadores/as no curso 2017/2018

>> Modalidade de Investigación Científica en Educación Primaria

Primeiro premio | Os caracoles de xardín son capaces de seguir un rastro de comida? Presentado por Mar Domínguez Pacheco. CEIP Vicente Otero Valcarcel. Carral.

Segundo premio |  Xerminan en tempo similar cebolas plantadas simultaneamente pero en posicións distintas? Presentado por Isabel Espiñeira Suárez. CPI Castro Baxoi. Miño.

Terceiro premio | Xermes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco? Presentado por Yolanda López Poceiro. CEIP Valle Inclán. O Grove.

>> Modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria Obrigatoria

Primeiro premio | Estudio de la eficacia de la mayéutica de Sócrates a través del formato de WhatsApp en la enseñanza de las ciencias. Presentado por Sara Fernández Gómez e Laura Graciela Nóvoa Quintas. Colexio Plurilingüe San José - Josefinas. Ourense.

Segundo premio | Afectan os incendios ó banco de sementes? Presentado por Christian Prieto Afonso, Yoel Rodríguez Alonso e Martín Rodríguez Blanco. IES Carlos Casares. Viana do Bolo.

Terceiro premio | Como inflúen as distintas concentracións de minerais dos fertilizantes no crecemento da Viola x wittrockiana? Presentado por Juan Barcala García. Colexio Obradoiro. A Coruña.

MODALIDADES

  • Investigación científica en Educación Primaria

Para profesorado de Educación Primaria en Galicia co alumnado da aula que se inscriba.

  • Investigación científica en Ensino Secundario Obrigatorio

Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria en Galicia, individualmente ou en grupos, como máximo de 3 estudantes.

COMO PARTICIPAR

1. Se queres participar, o primeiro paso é coñecer a modalidade máis adecuada ao teu interese; logo pensar nunha pregunta á que queiras dar resposta e que teña relación con feitos ou procesos do noso ámbito máis inmediato e da vida cotiá.

2. Para inscribir estas preguntas no premio, as persoas participantes deberán encher todos os apartados do boletín de inscrición e entregalo antes do 12 de xaneiro de 2018 a través de:

> Correo ordinario

Casa das Ciencias

Parque de Santa Margarida, s/n. 15005. A Coruña

> Correo electrónico

premioluisfreire@casaciencias.org.

(As persoas admitidas poderán comezar as súas investigacións e traballos ao recibir a confirmación de inscrición)

QUEN FOI LUIS FREIRE?

Luis Freire naceu na Coruña en 1914. Aos 3 anos trasladouse coa súa familia a Vilalba, onde vivían os seus avós maternos. Asistiu á escola pública, unha escola con pouco alumnado e cunhas mestras excepcionais que deixarán unha profunda pegada na súa maneira de aprender e de ensinar. Esta estancia en Vilalba converteuno, en palabras do escritor e profesor Alonso Montero, nun «aristócrata de aldea».

Con 12 anos, regresou á cidade da Coruña e comezou a traballar e a estudar por libre os catro cursos do Bacharelato Elemental que aprobou en só dous anos. Superada a Reválida decidiu facerse practicante e continuar os estudos de Bacharelato Superior.

Á vez que desenvolvía a súa actividade profesional impartía clases particulares de latín, de grego, de literatura ou de matemáticas, tanto en niveis secundarios como universitarios. E comezou a practicar unha afección á que dedicaría toda a súa vida: o estudo de insectos, arañas e plantas.

Aos 57 anos trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Ciencias Biolóxicas. Acabou a carreira en catro anos, licenciouse en 1975, e a continuación realizou a tese de licenciatura e a tese doutoral. Durante este tempo impartiu clases de Botánica na Facultade e codirixiu cinco teses de licenciatura sobre flora e micoloxía de Galicia.

En 1981 defendeu a súa tese doutoral sobre fungos "Macromicetos da Selva Negra". A partir de entón, a micoloxía converteuse na súa principal liña de investigación. Publicou máis de 40 artigos, 4 libros, participou en medio cento de congresos e dirixiu 8 teses de licenciatura e 2 teses doutorais sobre o tema.

Luis Freire foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, do Grupo Botánico Galego, do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

GAÑADORES/AS NO CURSO 2016/2017

Modalidade de Educación Primaria:

  • Primeiro premio: Somos lunáticos... mito ou realidade?, presentado por María del Carmen Fernández de Castro, do Colexio Valle-Inclán I, de Ferrol, por cuestionar crenzas populares e a intensidade, calidade e interdisciplinaridade do traballo científico.
  • Segundo premio: Teñen os caracoles a mesma resposta de comportamento ante obstáculos de tamaño e forma diferentes?, presentado por Isabel Espiñeira Suárez, do CPI Castro Baxoi de Miño, pola calidade do traballo en grupo, destacando especialmente o deseño do experimento en colaboración.
  • Terceiro premio: É eficaz colocar unha bolsa chea de auga na ventá dunha casa para impedir a entrada das moscas a ela?, presentado por Mar Domínguez Pacheco, do CEIP Vicente Otero Valcarcel, de Carral, por poñer en cuestión feitos que se dan por certos.

Modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria:

  • Primeiro premio: Hai armiño e donicela no Courel?, presentado por Antía Álvarez González e Rebeca Piacentini Fuentes, do CPI Poeta Uxío Novoneyra, Folgoso do Courel, pola dificultade do traballo de campo e o esforzo crítico á hora de valorar a metodoloxía empregada.
  • Segundo premio: Como inflúe a alimentación das galiñas na túa tortilla?, presentado por Rosalía Díaz Cordido, Suevia Jácome Belay e Iria Coego Lareu, do IES Laxeiro, de Lalín, pola calidade metodolóxica e a utilidade das súas conclusións.
  • Terceiro premio: Son efectivos os ácidos contra o Anisakis?, presentado por Blas Lafuente Gómez, do Colexio Obradoiro, da Coruña, polo valor de afrontar e publicar un resultado contrario á hipótese de partida, así como á calidade do documento presentado.

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?