Concello da Coruña

Concello da Coruña

Modificación da delimitación do ámbito dos polígonos

En que consiste?:

O ámbito dos polígonos poderá ser modificado, de oficio ou por instancia de parte, cos seguintes condicionantes:

  • que non altere a ordenación urbanística establecida polo plan
  • nin implique unha variación de superficie superior ao 20% do ámbito delimitado

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

A delimitación do ámbito dos polígonos poderá ser reaxustada de oficio ou por instancia de parte.

A documentación precisa para iniciar un procedemento de modificación de ámbito dos polígonos é a seguinte:

  • Memoria xustificativa da modificación da delimitación do ámbito
  • Planos parcelarios do polígono de conformidade co plandeamento
  • Plano parcelario do polígono coa nova delimitación
  • Certificacións catastrais descritivas e gráficas de todos os predios afectados
  • Relación de persoas propietarias, con correspondencia entre o número de parcela e a identificación catastral
  • Ficha do polígono do plan xeral
  • Ficha do polígono modificada, de conformidade coa modificación do ámbito realizada

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión