Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ocupación directa

En que consiste?:

A ocupación directa ten por obxecto a obtención de terreos destinados a sistemas xerais e dotacións públicas locais mediante o recoñecemento á súa persoa titular do dereito ao aproveitamento no polígono ao que se vincule.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Esíxese como requisito que lexitima a actuación, a través do procedemento establecido no art. 170 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a aprobación do plan pormenorizado que inclúa os terreos que se van ocupar, con determinación do seu aproveitamento subxectivo e delimitación do polígono no que se vaia integrar.

Internet

Teléfono

Máis información:

A persoa titular dun ben ou dereito afectado por un expediente de ocupación directa ten que achegar a documentación xustificativa da titularidade, ou do dereito que ostente. Esta consiste en:

  1. No caso de propietaria/o, escritura pública que xustifique a adquisición do ben ocupado, xunto coa certificación rexistral na que conste o ben inscrito ao seu favor, ou ben no que conste que o ben non figura inscrito a nome de ningunha persoa física ou xurídica.
  2. No caso de titular de dereito de arrendamento, ten que achegar: contrato de arrendamento, recibos de pago de renda dos últimos cinco anos (1 ou 2 mensualidades por ano); recibo de pago de subministracións (luz, auga, teléfono, gas...).
  3. En caso de que o dereito non se xustifique debidamente, o importe da valoración consignarase na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda. A dita consignación lexitima a esta Administración para ocupar o ben.

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión