Concello da Coruña

Concello da Coruña

Solicitude de información sobre usos de local de hostalería

En que consiste?:

É unha solicitude de información sobre o uso que se lle pode dar a un local de hostalería, así como calquera outro tipo de información relacionada con el.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude estándar ("Impreso de solicitude xeral")
  • Plano de situación do local (facilítaselle na propia Oficina de Información e Rexistro da Área de Urbanismo).
  • Superficie e altura do local

Internet

Teléfono

Máis información:

  • A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Tendo en conta que se admitiu a implantación da actividade de hostalería como uso compatible co establecido no plan vixente, segundo o informe de arquitectura que se achega, ADMÍTESE A POSIBILIDADE DE IMPLANTACIÓN DE ACTIVIDADE DE HOSTALERÍA coa condición de que o citado establecemento se axuste ao establecido na Ordenanza municipal ambiental reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións e do exercicio das actividades sometidas a licenza. De forma particular, estarase ao establecido no título III, sobre "Normas reguladoras do exercicio das licenzas en establecementos públicos e actividades de esparexemento ou recreativas ".
  • En todo caso, as condicións mínimas de superficie que deberá reunir o local dependerán do grupo de clasificación en que se integre a actividade, en atención ao disposto na Ordenanza municipal ambiental (art. 80) (entenderase por superficie a medida en planta baixa, sen computar entrepiso, se é o caso):

GRUPO I . Sesenta (60) m2 (bares, tabernas, café-bar, cafetería, mesón, restaurante). GRUPO II. Oitenta (80) m2.(café-bar especial, pubs). GRUPO III. Cento cincuenta (150) m2 (café-cantante, café-concerto, karaoke, sala de birlos, billares, salón de xogos). GRUPO IV. Douscentos cincuenta (250) m2 (discotecas e salas de baile, salas de festas, taboado flamenco, music-hall, cinemas, bingos). GRUPO V. Cen (100) m2 (barras americanas, bares de alterne, clubs nocturnos, whiskerías).

  • A altura nos locais que xenericamente se poidan catalogar de pública concorrencia terá unha altura mínima libre acabada de 3,20 cm. Con todo, admitiranse puntualmente instalacións e decoracións cuxa altura libre non sexa inferior a 2,80 cm. Para as plantas complementarias a altura mínima será de 2,50 cm.
  • En canto ás distancias que deben existir entre locais, será de aplicación o art. 87 OMM que limita de forma xeral a instalación a unha soa actividade por edificio de vivendas (excepciónanse desta limitación aqueles edificios que presentan máis dun portal, nese caso admitirase unha actividade por portal). Nos locais dos grupos II, III e IV, limitarase a equidistancia que deben gardar, sendo esta de 25 metros (a medición de distancias farase entre os dous puntos máis próximos da liña de propiedade de ambos os establecementos (art. 87.2)). Estas limitacións non son de aplicación aos edificios de uso exclusivamente comercial (art. 87.3).
  • Na solicitude de licenza que se presente deberá achegar un proxecto técnico asinado por unha persoa técnica titulada competente e visado polo colexio profesional correspondente xustificativo da actividade, das instalacións do establecemento e do axuste ao establecido na Ordenanza municipal ambiental, tal e como se indica nas disposicións transitorias da citada ordenanza. O contido do proxecto deberase axustar ao establecido no art. 60.3 da OMM.
  • Unha vez obtida a licenza de instalación, e previo á autorización do funcionamento, deberase presentar un certificado de medicións do illamento acústico do establecemento por unha empresa homologada pola Xunta de Galicia para realizar as citadas medicións acreditativas do axuste do establecemento ao establecido na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica na Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa de ámbito autonómico e municipal, de forma particular determinarase o nivel de illamento acústico existente entre o establecemento e o piso inmediatamente superior.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión