Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2019

A Concellería de Medio Ambiente abre a posibilidade de acollemento temporal de animais dentro da campaña de adopción responsable (A)Colle

A edil María García visitou esta mañá o Centro municipal de acollida de animais, que rexistrou no pasado ano 393 saídas de cans e gatos

A Concellería de Medio Ambiente continúa coa quinta campaña de adopción responsable de animais (A)Colle, que entrará nas vindeiras semanas nunha segunda fase que abre a posibilidade de acollemento temporal de animais en vivendas privadas. A responsable do departamento visitou esta mañá o Centro municipal de acollida de animais dende o que fixo fincapé na adopción responsable como un dos pés das políticas de benestar animal  e de sacrificio cero impulsadas polo Goberno local. García explicou que, para seguir avanzando "en vías que habiliten á cidadanía para seguir colaborando nestas políticas" a Concellería de Medio Ambiente abrirá a posibilidade do acollemento temporal "para quen non poida facer unha adopción definitiva e que axudará tanto aos animais, que lles aporta un espazo con máis atención, como na xestión do centro de acollemento nas épocas de máis ocupación".

A responsable municipal fixo un percorrido polas instalacións do centro, "para o que se está proxectando unha ampliación para facer fronte a outro modelo de xestión", no que se habilitou un espazo de zona verde exterior para o esparexemento dos animais e no que está previsto remodelar o espazo no que se sitúa o forno crematorio, que non funciona dende 2016 como consecuencia da aplicación de políticas de sacrificio cero, para poder albergar a máis animais e servizos como o de corentena.

Dende o centro, efectuáronse o ano pasado 393 saídas de animais, como informou a concelleira, entre as adopcións e as entregas a animais a familias que os reclaman. "As campañas de control do microchipado que puxemos en marcha dende o Concello deron moi bos resultados e tiveron como consecuencia a entrega de moitos animais aos seus domicilios grazas á trazabilidade do chip. E nesa liña seguiremos traballando", apuntou García. Respecto da adopción, a concelleira indicou que "se están rexistrando boas cifras pero estabilizadas". "Pode aumentar máis e de aí que vaiamos pola quinta campaña de adopción responsable", apuntou. No marco de (A)Colle organizáronse nos últimos meses accións de rúa, en edificios públicos como bibliotecas o centros cívicos, e edición de material informativo "para animar e impulsar a adopción responsable e sensibilizar sobre a adopción fronte a outras opcións como a compra venda".  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión