Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de setembro de 2019

A Coruña acolle a mostra de Red Eléctrica “Unha autoestrada detrás do enchufe”

A alcaldesa, Inés Rey, asinou hoxe un convenio co presidente da entidade, Jordi Sevilla, para que a exposición se instale na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente de Red Eléctrica, Jordi Sevilla, asinaron hoxe un acordo para a instación da mostra itinerante "Unha autoestrada detrás do enchufe. A electricidade da central á túa casa", que explica de forma interactiva os procesos de xeración e subministración de enerxía eléctrica, así como o papel que xoga a persoa consumidora como centro da transición enerxética.  

A exposición, deseñada e producida en 2010 pola compañía, ten como obxectivo mostrarlle á cidadanía a importancia de realizar un consumo responsable e explicarlle tamén as propiedades da electricidade e o procedemento a través do cal a enerxía chega aos puntos de consumo. Desta maneira, convértese nunha ferramenta educativa para comprender a relevancia do escenario que vivimos de transición enerxética.  

 Red Eléctrica de España, sinalou Sevilla, é un actor clave para que se poida levar a cabo esta transformación cara a un modelo enerxético baseado na descarbonización da economía que faga posible a integración masiva de nova potencia renovable e cumprir así os retos europeos.  A mostra chega á cidade despois de recibir máis dun millón de visitas no seu paso por 10 cidades españolas.

A exposición articúlase en tres módulos: un dedicado a explicar as propiedades da electricidade, un segundo que mostra o proceso da subministración eléctrica para que a enerxía chegue ao fogar e un terceiro centrado na importancia das e dos consumidores como actores relevantes da transición enerxética.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión