Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de diciembre de 2019

As praias da Coruña, calificadas todas como excelentes polo SERGAS

Esta clasificación anual de augas de baño cualifica a calidade da augas das praias para todo o 2020 e é unha condición imprescindible para obter a bandeira azul

O SERGAS otorgoulle a todas as praias da Coruña a cualificación de excelencia. Este outorgamento é unha condición imprescindible, aínda que non a única, para obter a bandeira azul.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, amosou a súa satisfacción "polas boas condicións que reúnen os nosos areais, e nas que seguimos traballando, non só para obter a bandeira azul, senón as Q de calidade que  prestigien e garantan aínda máis ás nosas praias como reclamo turístico, como zonas naturais de lecer para todos os coruñeses e que ao mesmo tempo preserven un medio natural tan apreciado e do que sentimos tan orgullosos como son as nosas praias e no seu conxunto todo o noso litoral", asegurou.

Esta clasificación anual de augas de baño que realiza o SERGAS cualifica a calidade da auga das praias para todo o ano seguinte, é dicir, para o 2020. O cálculo obtense segundo unha fórmula matemática complexa das últimas catro tempadas. Trátase dun requisito que atopa a súa base legal no Real Decreto 1341/2007. Artigo 12:

https://www.boe.es/buscar/pdf/2007/BOE-A-2007-18581-consolidado.pdf

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión