Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de novembro de 2019

O Concello detalla no Eixo Atlántico medidas concretas para unha sustentabilidade real

A alcaldesa valorou a xornada como “unha oportunidade para compartir experiencias sobre unha das cuestións que prevalecen neste concello, e en concreto na Área de Medio Ambiente, como é a xestión dos residuos orgánicos”

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, participaron esta mañá no acto de inauguración do IV Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Sustentabilidade que ten lugar durante toda a xornada no Palexco.

Rey abriu o acto aludindo á situación actual: "Un momento decisivo da nosa historia, un momento crucial para o futuro das cidades e das persoas que cohabitan nelas" e, asegurou, "a toma de conciencia sobre o cambio climático ten que encamiñarse a traballar nas políticas de medio ambiente das grandes urbes. É un anaco de esperanza para loitar contra esa grande  enfermidade causada polas persoas".

A rexedora valorou o seminario como "unha oportunidade para compartir experiencias sobre unha das cuestións que prevalecen neste concello, e en concreto na área de Medio Ambiente, como é a xestión dos residuos orgánicos de maneira que non contaminen e que deriven en novos usos" e matizou que "estamos abrindo un camiño para reducir o consumo e o lixo porque cremos que é importante que o Concello premie a cidadanía comprometida para que esta contaxie o resto. Deste xeito, chegaremos a normalizar a presenza de composteiros na Coruña".

O acto de inauguración deu paso á videoconferencia de Jorge Díaz del Castillo, membro da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea sobre o paquete lexislativo europeo da economía circular. A continuación, expóñense as diferentes experiencias no campo dos residuos orgánicos coa presenza de Salustiano Mato (Universidade de Vigo), que fala da compostaxe comunitaria e doméstica; César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, quen aborda o proxecto  Revitaliza, tamén sobre este proceso de transformación do lixo en fertilizante; Susana  Lopes, de  LIPOR ( Serviço  Intermunicipalizado de  Gestão de  Resíduos  do Grande Porto); e Javier Ramírez, do Concello da Coruña, que tratan a recollida selectiva de residuos orgánicos.

O evento remata coa  participaión de Sofía Ferreira, da  Câmara de  Guimarães, que presenta o caso particular de implementar un sistema de pago por xeración no centro histórico da cidade portuguesa. Ademais, o encontro reforza tamén o vínculo da Rede de Enerxía Sustentable da Coruña, un instrumento de participación ao servizo das políticas de loita contra o cambio climático, onde están representadas preto de 80 entidades convidadas a esta cita e que se suma aos máis de 30 especialistas de 30 especialistas de todo o Eixo Atlántico.

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión