Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2019

O Concello instalará seis contedores soterrados na rúa San Andrés

Os traballos, cun orzamento de 53.765 euros, comezarán antes de que finalice o ano

O Concello sacou a licitación as obras para instalar seis puntos de achega de residuos urbanos soterrados na rúa San Andrés por un importe de 53.765,48 euros. Está previsto que as obras comecen antes de final de ano. A implantación destes puntos forma parte do proxecto de ampliación da rede de recollida de residuos sólidos urbanos.   

A intención do goberno local é a de ampliar o número de puntos con contedores soterrados na cidade na súa  aposta polo coidado ambiental e a reciclaxe, aínda que en ocasións as condicións do subsolo fan difícil a implantación en determinadas zonas.

Desde Medio Ambiente sinalan que con esta actuación mellórase a calidade de vida dos cidadáns, o servizo e o aspecto da vía.   Tamén indican desde a concellería que a implantación de contedores soterrados para a recollida de residuos representa varias vantaxes, xa que a súa instalación en illas con contedores de diversos tipos de residuos facilita a recollida selectiva de residuos reciclables. Ademáis, optimízase a reciclaxe porque os cidadáns poden depositar na mesma localización os distintos tipos de residuos xerados nos seus fogares.

 O proxecto recolle a instalación de dúas zonas de vertedura, cada unha formada por tres equipos soterrados; dous destinados aos residuos inorgánicos e un terceiro destinado a orgánicos.   

 A zona 1 instalarase na marxe esquerda da rúa á altura do número 31, mentres que a outra zona situarase á altura da rúa  Torreiro. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión