Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de decembro de 2019

O Goberno Local desestima as alegacións de Albada, que dispón de tres días máis de prazo para acatar os requirimentos esixidos

A alcaldesa, Inés Rey, explicou que, de non recibir notificación da concesionaria, o próximo luns nomearán un/unha interventor/a ou interventoras/es que garantan a prestación do servizo no Consorcio das Mariñas e a retirada inmediata do ERTE

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou esta mañá que a Xunta de Goberno Local acordou desestimar as alegacións que presentou o pasado día 20 de decembro a UTE de Albada, logo de recibir os informes da Asesoría Xurídica que determinan que non teñen amparo e que non desvirtúan a decisión que fora tomada a semana pasada de intervir a empresa para que cumpra cos requirimentos de lles dar servizo aos concellos do Consorcio das Mariñas e retirar inmediatamente o ERTE. Así mesmo, outórganselle á concesionaria tres días naturais para lle comunicar ao Concello a adopción destas medidas correctoras que permitan continuar co servizo tal como se lles demandou en acordos asinados o 6 e o 27 de novembro: "Este prazo de tres días naturais é para cumprir unha previsión legal que está na Lei de contratos do sector público", en que se recolle unha nova oportunidade de corrección antes de tomar a decisión definitiva.

Unha vez transcorrido o dito período sen recibir ningunha notificación por parte da empresa, efectuarase a intervención o día 30 co nomeamento dunha ou varias persoas interventoras que garantan ambas as premisas que non se están a realizar na actualidade. Rey sinalou que aínda que non se sabe que persoa ou persoas serán as que se poñan á fronte da concesionaria e que, en todo caso, responderán a un perfil técnico cunha formación na xestión empresarial e económica e un coñecemento específico no sector do tratamento de residuos urbanos.

A rexedora asegurou que o Goberno local chegou a esta situación pola decisión unilateral que tomou a UTE de interromper a prestación de recollida no Consorcio e anunciar un ERTE sen apoio e sustento legal e contractual. A intervención producirase para evitar unha crise ambiental que podería crear desaxustes graves coa acumulación de lixo nas rúas, tendo en conta nas datas en que nos atopamos, ademais das consecuencias económicas, xa que sen lle dar cobertura ao Consorcio poríase en perigo a viabilidade da planta. Tamén apuntou o risco laboral en que están os 38 empregados expedientados como outra das razóns que os levaron a interviren, co obxectivo de que manteñan as condicións de continuidade, regularidade e calidade axeitadas e que se reflicten no convenio.

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión