Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de febreiro de 2020

Medio Ambiente asina o contrato de conterización da cidade

O convenio firmado pola concelleira Esther Fontán e o xerente da UTE Atlántica, Juan Carriedo, suporá a renovación dos contedores de lixo coa instalación de 12.000 novos e a incorporación de tecnoloxía de seguimento GPS nos vehículos encargados da recollida

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, e o xerente da UTE Atlántica, Juan Carriedo Penas, asinaron a Acta de inicio do Lote 1 do Contrato de Servizos de Conterización, Recollida e Transporte de Residuos Urbanos na cidade. A UTE Atlántica, formada por Valoriza Servizos Medioambientais, Sulo Ibérica e Arias Infraestruturas, será a encargada de levar a cabo o servizo de mantemento e limpeza dos contedores da Coruña. Para iso, o contrato que se adxudicou inclúe a renovación dos contedores de lixo coa instalación de 12.000 novos, fabricados en material reciclado e a incorporación de 20 vehículos de última tecnoloxía, máis sustentables (eléctricos e de gas natural). Ademais, os vehículos contarán con tecnoloxía de seguimento GPS, que permitirá obter información en tempo real do servizo realizado.

Prevese a modernización do sistema de recollida de contedores de fraccións selectivas por un sistema máis seguro e áxil de carga lateral, revisión dos contedores soterrados e semisoterrados actuais para mellorar a súa imaxe actual, así como a xestión dos contedores actuais para reciclar o material, en liña co compromiso do concello de promover a economía circular.

A concelleira informou que logo de que se asine o contrato de recollida, abrirase un período de traballo en coordinación por parte das empresas concesionarias da conterización e da recollida, xunto co cadro de persoal técnico de Medio Ambiente, co fin de axustar e acompasar os cambios de maneira que sexan o máis rápidos e acertados posibles. Tamén manifestou a súa satisfacción pola firma deste primeiro convenio de todos os que conformarán o novo sistema de tratamento de lixo e limpeza da cidade: "É unha oportunidade que ocorre poucas veces o podermos situar nas rúas da cidade todos os servizos de recollida de lixo e limpeza practicamente ao mesmo tempo. Sen dúbida, creo se vai notar e moito, e cando así sexa a colaboración cidadá será imprescindible para que cos nosos hábitos cotiáns contribuamos a manter unha cidade máis limpa e a loitarmos contra o cambio climático".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión