Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Cuándo:

23 de octubre de 2019

Medio Ambiente e o Grupo de Accesibilidade Coruña traballarán conxuntamente para eliminar barreiras arquitectónicas nas praias, parques e xardíns da cidade

A concelleira Esther Fontán manterá reunións periódicas cos colectivos con diversidade funcional para poñer en marcha melloras na accesibilidade nas contornas naturais

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, reuniuse con representantes do Grupo de Accesibilidade Coruña (GAC) co fin de analizaren distintos aspectos e problemas aos que se enfrontan as persoas con diversidade funcional á hora de accederen a algunhas praias, parques e xardíns da cidade.Durante o encontro, acordaron traballar conxuntamente na eliminación de barreiras que lles impide gozar das zonas naturais a estes colectivos. É necesario, dixo a concelleira, contar cun equipo interdisciplinario que traballe para mellorar o accesos ás contornas naturais e, por iso, o Concello desenvolve políticas transversais para conseguir unha cidade máis inclusiva.

Esther Fontán informou de que se paralizou a execución dalgúns proxectos en zonas verdes para dotalos de novas medias de accesibilidade e que a área de Medio Ambiente avalía estes días as actuacións postas en marcha na praia de Riazor para "poder facer unha radiografía completa do que se debe mellorar de cara ao próximo verán".

Pola súa banda, o Grupo de Accesibilidade Coruña explicoulle á concelleira que leva anos traballando na implantación de medidas encamiñadas a construír unha cidade máis accesible. "Contamos para iso coas achegas técnicas de profesionais e a nosa propia experiencia", indicaron.

Outros dos asuntos que se puxeron sobre a mesa foi a necesidade de adoptar novas medidas de accesibilidade ás hortas urbanas da cidade para que as persoas con diversidade funcional poidan traballar nestas.

A concelleira e o Grupo de Accesibilidade Coruña quedaron en reunirse de forma periódica para revisaren os proxectos que lles afecten ás praias e ás zonas verdes da cidade; a próxima reunión prevista para a primeira quincena de decembro servirá para lle dar un repaso á situación das principais áreas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión