Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2019

Medio Ambiente estuda alternativas “non tóxicas” para a supresión das malas herbas nas rúas da cidade

• Esther Fontán, asegura que non se utiliza ningún produto tóxico para erradicar as herbas e tamén que se descartou o uso do ácido acético • Fontán púxose en contacto con diferentes empresas que utilizan sistemas baseados en fontes de calor e productos biodegradables

A titular da concellería de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegurou que está estudando novas medidas para eliminar as malas herbas na cidade ante as queixas da veciñanza. Fontán reitera que non se está a utilizar glifosato, nin ningún outro produto tóxico para eliminar as herbas das beirarrúas e vías da cidade. "Non se utiliza  glifosato nin nos xardíns,  nin nos parques, nin nas beirarrúas da cidade", insiste a concelleira.

O sistema empregado actualmente, baseado no uso do vinagre, non garante a erradicación destas herbas nas vías públicas e beirarrúas, segundo os técnicos de Medio Ambiente. Descartouse polo tanto o uso do ácido acético como alternativa aos herbicidas para erradicar a vexetación que medra indiscriminadamente pola cidade por consideralo "totalmente ineficaz" e por contribuír ademáis a acidificación do solo. 

Fontán  mantivo contactos con expertos en química, bioloxía e mesmo enxeñería agraria co fin de atopar unha solución que combine  a máxima efectividade co mínimo impacto no medio natural e nas persoas.

"Desde esta concellería estase entrando en contacto con diferentes empresas que utilizan sistemas baseados en fontes de calor e produtos biodegradables co fin de realizar demostracións destas técnicas sobre o terreo". Por outra banda, desde a concellería trasladan unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns asegurando que "non se utilizará ningún método daniño para a saúde dos veciños e veciñas, nin para o medio ambiente".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión