Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de outubro de 2019

Medio Ambiente estuda a inclusión de cláusulas sociais na licitación de Nostián

A concelleira de Medio Ambiente reuniuse co comité de empresa de Nostián esta mañá

A concelleira de Medio Ambiente, Esther  Fontán, reuniuse esta mañá co comité de empresa de Nostián para estudar a inclusión de cláusulas sociais no prego da licitación da xestión de residuos. A concelleira de Medio Ambiente estivo acompañada na reunión da directora da Asesoría Xurídica do  Concello, Gabriela Gómez.

Durante o encontro expúxose ao comité de empresa de Nostián que a concellería está a estudar a inclusión de cláusulas que garantan os dereitos laborais das traballadoras e traballadores no prego de Nostián, dacordo cos límites que marca a lexislación en materia de contratos do sector público.

A concelleira recadou as demandas do comité de empresa e comprometeuse a avalialas desde o punto de vista xurídico, co fin de manter un encontro a final de mes, unha vez conclúan os estudos da asesoría xurídica municipal sobre a viabilidade legal de ditas propostas. "Esta Concellería terá entre as súas prioridades garantir unhas condicións laborais dignas das traballadoras e traballadores de Nostián, tanto por razóns de coherencia política como porque iso redundará nunha maior eficacia na prestación do servizo", dixo Esther Fontán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión