Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de setembro de 2019

Medio Ambiente inicia este luns o Programa de Limpeza Zonal Intensiva na cidade

Monte Alto será o primeiro barrio no que se aplicará este programa intensivo impulsado pola Concellería que afectará a todos os barrios da cidade

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade anuncia o inicio do Programa de Limpeza Zonal Intensiva da cidade no que se realizarán labores de limpeza en cada un dos barrios de maneira exhaustiva

Monte Alto será o primeiro distrito no que se aplicará este programa intensivo. A Concellería comezou a sinalización para evitar aparcar nas rúas do barrio de Monte Alto nas que se comezará a limpar o vindeiro luns 16 de setembro. As rúas afectadas son as seguintes:

·         Coronel Cerviño Núñez

·         Xeneral Caridad Pita

·         Avenida de Navarra desde Santo Tomé ata a ronda de Monte Alto

·         Mauricio Farto Parra desde Avenida de Navarra ata a ronda de Monte Alto, incluíndo as escaleiras de Santa Cecilia.

A edila de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, asegurou que "desde a Concellería sabemos que as labores de limpeza sempre ocasionan algunhas molestias na vida cotiá da veciñanza pola limitación das zonas de aparcadoiro, ruído da maquinaria... Non obstante, pedímoslles a máxima colaboración co obxectivo de que a limpeza sexa o máis profunda e eficiente posible".

O programa de limpeza no barrio de Monte Alto seguirá o martes polas rúas Faro, Valencia, San Antonio, San Tirso, Touro (incluíndo o calexón) e Santa Cecilia. O Concello informará das rúas afectadas na mesma zona nos vindeiros días da semana

Econsellos Sustentabilidade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión