Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de outubro de 2019

O Concello colabora con Ecovidrio na campaña Recicla vidro por elas con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama

A praza de Lugo conta desde hoxe con dous contedores rosas para o depósito de vidro. A entidade transformará os envases reciclados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro

O Concello colabora desde hoxe e ata o día 26 na campaña Recicla vidro por elas, unha iniciativa solidaria impulsada pola entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio co obxectivo de mobilizar a cidadanía para reciclar envases de vidro e contribuír así cunha causa solidaria: a loita contra o cancro de mama.

A campaña, que se pon en marcha con motivo da celebración o vindeiro sábado día 19 do Día Mundial de Cancro de Mama e na que participan máis de 80 cidades, consiste na instalación na praza de Lugo de dous contedores de recollida de vidro en cor rosa para que a veciñanza poida depositar os seus envases e, ao mesmo tempo, colaborar nun fin solidario. Ecovidrio transformará os envases reciclados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro de Mama coa que colaboran por cuarto ano consecutivo.

Como símbolo da concienciación e a solidariedade con el cancro de mama, Ágatha Ruíz da Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión que se poderá adquirir a través da web miniglú.es. Os beneficios obtidos coa súa venda destinaranse á fundación de Sandra Ibarra para contribuír á investigación do cancro.

Durante o acto de presentación da campaña, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, cualificou a iniciativa de "moi positiva porque contribúe non só á concienciación ambiental senón tamén á loita contra o cancro" e mostrou a disposición do Concello a colaborar con Ecovidrio en futuras actuacións.

Pola súa banda, o delegado de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, agradeceulle ao Concello a súa colaboración nesta iniciativa solidaria "na que facemos compatible o beneficio ambiental que supón reciclar vidro e que, ao mesmo tempo, nos axuda a mobilizar a cidadanía para que co seu esforzo podamos contribuír á loita contra o cancro de mama". "A Coruña sempre mostrou o seu apoio a campañas coma esta e aquí damos o pistoletazo de saída para transformar o vidro nunha doazón", explicou.

Segundo os últimos datos relativos a 2018, as e os habitantes de Coruña reciclaron un total de 3.680.760 quilogramos de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 15,0 kg.

Respecto á taxa de contenerización, Coruña sitúase cunha media de 375 habitantes por contedor, contando cun total de 653 iglús para os residuos de envases de vidro instalados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión