Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de agosto de 2022

O Concello da Coruña e o Grupo Naturalista Hábitat promoven a conservación dos espazos naturais na contorna da Torre de Hércules

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, puxo en valor a implicación da cidadanía durante a xornada de limpeza de especies invasoras que se levou a cabo esta mañá no ENIL da Torre

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, asistiu esta mañá á sesión de divulgación e conservación das áreas verdes promovida polo Concello e o Grupo Naturalista Hábitat na contorna da Torre de Hércules, na que se inscribiron 15 persoas, adultos e pequenos que, de forma voluntaria e durante tres horas, colaboraron nesta xornada dominical na limpeza e retirada de especies exóticas invasoras no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules

Fontán puxo en valor esta iniciativa que, por quinto ano consecutivo, e grazas ao convenio vixente coa Concellería de Medio Ambiente e Sostibilidade, implica á cidadanía en accións orientadas á investigación e coidados ambientais, que se levan a cabo sobre o terreo. Desde entón, máis de 1.274 coruñesas e coruñeses participaron nas actividades propostas e, de todas as persoas implicadas no proxecto, 867 centráronse especificamente na erradicación de especies invasoras como a herba do coitelo (carpobrotus edulis).

"Pequenos xestos como este significan moito, pola implicación das persoas asistentes e as tarefas de conservación que se levan a cabo para mellorar a contorna dun espazo que é de todas e todos. Por iso é tan importante achegar o sentimento desta iniciativa á cidadanía", sinalou a concelleira, que estivo acompañada por Ricardo Ferreiro, presidente do Grupo Naturalista Hábitat, e Andrés Pereira, coordinador da actividade de limpeza e conservación programada para esta mañá nas inmediacións da Torre de Hércules.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión