Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2019

O Concello da Coruña presenta as súas solucións urbanas baseadas na natureza na COP 25 de Madrid

A sesión será presentada o vindeiro xoves pola Concellería de Medio Ambiente e Sostibilidade, que exporá o traballo desenvolto a través do proxecto Connecting Nature

O vindeiro xoves 12 de decembro unha representación da Concellería de Medio Ambiente e Sostibilidade da Coruña presentará en Madrid, coincidindo coa Cumbre do Clima das Nacións Unidas (COP 25), o traballo desenvolto na implantación de solución urbanas baseadas na natureza a través do proxecto Connecting Nature. Este proxecto está financiado pola Unión Europea dentro do programa Horizon 2020 de innovación, en que a cidade participa como socia xunto a outras/os 28 socias/os de 16 países, co obxectivo de situar a Unión Europea como líder mundial no deseño e implantación deste tipo de solucións urbanas.

Durante a sesión, organizada polo ICLEI Europe e o Concello de Madrid, exporanse proxectos como a rede de hortos urbanos da Coruña, unha iniciativa que permite avanzar de maneira sinxela, efectiva e economicamente sustentable cara a moitos dos obxectivos estratéxicos da cidade. A través de exemplos coma este, reflexionarase sobre como as solucións baseadas na natureza poden mellorar o benestar da cidadanía e, ao mesmo tempo, axudar a desenvolver novos modelos de como gobernar e formas innovadoras de traballo.

A continuación terá lugar un obradoiro interactivo coas persoas representantes de diferentes cidades socias dos proxectos financiados con fondos europeos Connecting Nature, CLEVER Cities e Urban LEDS. Cidades como Helsinki, Milán, Madrid ou A Coruña compartirán experiencias e debaterán sobre como acelerar a acción climática combinando estratexias de desenvolvemento con baixas emisións, obxectivos de neutralidade de carbono e solucións baseadas na natureza para cidades máis sustentables.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión