Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2020

O Concello dá o primeiro paso para retomar o proxecto do corredor verde de Novo Mesoiro

Onte comezaron os traballos de limpeza e roce para acondicionar o espazo que conflúe entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que a zona “estaba totalmente descoidada, o seu acondicionamento era necesario” e que se trata xa “dunha demanda histórica que o actual goberno ten o compromiso de desbloquear”

O concello, a través da Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade, comezou onte os traballos de limpeza e roce do espazo que conflúe entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume, en Novo Mesoiro.

A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que a zona "estaba totalmente descoidada, o seu acondicionamento era necesario" e que se trata xa "dunha demanda histórica que o actual goberno ten o compromiso de desbloquear". A rexedora anunciou que "a posta a punto deste espazo será o punto de partida para o proxecto do corredor verde que tantos anos levan reclamando as e os veciños do barrio de Novo Mesoiro". A decisión tómase tras analizar o Goberno local o estado do convenio e a titularidade dos terreos a raíz da visita da alcaldesa, do concelleiro de Urbanismo e da edila de Medio Ambiente á zona.

Desde o Goberno local aseguran que o proxecto, para o que os veciños e veciñas cederon os terreos pero non se levou a cabo xa que caducou en setembro de 2015,  será retomado e consensuado coa veciñanza. Ademais, considérase imprescindible que o espazo "dispoña de accesibilidade para todas as persoas", tendo en conta as da terceira idade e as de mobilidade reducida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión