Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de maio de 2019

O Ruarte Fest contará con 24 artistas que plasmarán as súas obras no espazo público do do barrio do Orzán o vindeiro 19 de maio

A Concellería de Medio Ambiente mantén aberto o prazo ata o vindeiro martes para as persoas propietarias que queiran ceder espazos para a realización de murais

A primeira edición do Ruarte Fest, que se celebra o vindeiro 19 de maio, contará con 24 artistas locais para que pinten as súas propostas en diversos espazos cedidos no barrio do Orzán. A acción, que se encadra no programa municipal Ruarte para a recuperación do espazo público degradado da cidade a través de accións artísticas, reúne a tradición dun barrio con moita arte urbana e a demanda veciñal de mellorar a calidade do espazo público nunha xornada festiva na que se os e as artistas participantes realizarán as súas obras entre as 08.00 e as 20.00 horas. A xornada coincide coa chegada do plan especial de limpeza de pintadas, do que forma parte Ruarte, para abordar nas vindeiras semanas as peticións realizadas na contorna do barrio do Orzán.

A Concellería de Medio Ambiente, responsable do proxecto, manterá aberto o prazo ata o vindeiro martes para as comunidades veciñais e persoas propietarias de comercios e hostalería que queiran anotarse para participar no festival e ceder un espazo, co obxectivo de dar cabida a todas e todos os artistas inscritos, que chegan ata os 50. As propostas artísticas que non sexan escollidas para esta edición, teranse en conta para vindeiras accións de recuperación de espazos a través da arte. As bases do programa e os formularios para anotarse poden atoparse na páxina web http://ruarte.coruna.gal. As zonas prioritarias de actuación son os espazos situados nas zonas peonís de rúa Orzán, travesía Cormelana, rúa Picos, rúa Mariñas, rúa Vista, praza da Cormelana, rúa Perillana, praza Sellier e rúa Pastoriza, así como aqueles negocios, establecementos ou comunidades de veciños e veciñas que se inscriban de forma grupal cun artista. A participación é de balde para as persoas propietarias e as e os artistas contarán cunha axuda de 200 euros para compra do material preciso para os murais. Os tres máis valorados por un xurado -que estará composto por persoal da Concellería de Medio Ambiente, persoal docente de Arte e veciñanza- recibirán premios de 800, 500 e 300 euros.

O festival contará cun espazo de actividades infantís, que terá obradoiros de iniciación á arte urbana, que estará situado na praza Sellier a partir das 11.00 horas e que non require inscrición previa.

Enerxía sostible

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión