Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2019

Rey destaca o poder de convocatoria do festival Mar de mares para atraer a todas as idades

A alcaldesa destacou na presentación da sexta edición que o Goberno local traballará na preservación do Medio Ambiente e en implicar á cidadanía durante todo o ano

A alcaldesa Inés Rey acudiu esta mañá á presentación da sexta edición do Festival Mar de Mares na Fundación Paideia, que dará comezo o 18 de setembro e estenderase en actividades ata o mes de outubro. A rexedora valorou o labor da organización por concentrar ata unha trintena de citas de disciplinas ben distintas ­-arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, música ou deporte-, pero unidas todas polo compromiso de preservar o Medio Ambiente, como "un mar de fondo, que arrastra o talento a facer arte coa idea de concienciar, que colle as ferramentas e baixa á praia para recoller lixo e que prepara gastronomía sendo respectuosos".

Rey insistiu en que todas as iniciativas que englobará "este mar que son á vez todos os mares", teñen idéntica mensaxe, a de que "queremos un mar sen plásticos, unha sociedade concienciada e un océano o máis limpo posible para que os que están por vir desfruten igual ca nós do mar da Marola e a baía do Orzán".

Neste punto, explicou a importancia de educar ás novas xeracións en sostenibilidade con "pildoriñas" que os seduzan, nun calendario que tamén contén opcións de lecer para os maiores e para desfrutaren en familia: "A nosa intención desde o Goberno local é de traballar neste liña a nivel institucional durante o ano e durante todo o mandato".

No acto estivo presente o delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña, Ovidio Rodeiro; a codirectora de Mar de Mares, Silvia Oviaño; o director da escola de buceo Nauga, Rubén Lucas; e a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión