As propostas máis frecuentes dos participantes foron as relacionadas co cambio climático, a conservación de mares e bosques e o coidado dos animais
Para público en xeral
Dende o 09/01/2023 ata o 31/01/2023
Xa rematou
Con motivo das festas de Nadal, a Concellaría de Medio Ambiente e Sostibilidade organizou desde a caseta que tiña instalada no Mercado de Nadal da praza de María Pita, un concurso para os nenos/as da cidade no que se lles preguntaba Cal é o teu desexo para o Planeta?.
Para participar bastaba con ter entre tres e once anos, boas e esperanzadoras ideas para a nosa convivencia en igualdade e harmonía co Planeta e, por último, era necesario plasmar un deses bos desexos nun papel adhesivo numerado. A continuación, ese papel fixábase sobre as figuras dunhas árbores colocadas diante da caseta, de maneira que se mostrasen todos os desexos e que o resto de concursantes puidesen votar polo número do seu preferido. Cada número correspondía co nome dunha nena/o concursante da listaxe que custodiaba a organización. En total recibíronse 146 desexos.
Para o concurso fixáronse tres categorías de idade:
Categoría 1: de tres a cinco anos
Categoría 2: de seis a oito anos
Categoría 3: de nove a once anos
Só a Categoría 1 podía contar coa axuda dalgunha persoa adulta, por razón da idade destes concursantes. As educadoras á fronte das sucesivas xornadas na caseta velaron pola limpeza de todo o procedemento.
As propostas máis votadas e, por tanto, gañadoras son as seguintes:
Categoría 1
Categoría 2:
Categoría 3:
As propostas do Nadal dos nenos/as da nosa cidade demostran unha gran sensibilidade co medio ambiente global e, tamén, co da nosa cidade. Gañan os desexos relacionados con atallar o cambio climático (que non se derritan os polos, que o mundo non sufra por auga, que a terra non se enferme, que se acabe a contaminación, que todo o mundo coidase do planeta, que se cumpran os ODS 2030,...), a preocupación pola conservación dos mares e os bosques, e unha extraordinaria empatía cos animais. Non son poucos, ademais, os que desexan máis lugares libres de vehículos e espazos abertos nos que pasear e gozar en familia.
A Concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade entregou os premios do concurso (un lote de tres libros de temática ambiental e un xoguete de madeira para cada un dos participantes premiados) na Casa da Auga.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible