A mellora da contorna verde do parque infantil do Ventorrillo forma parte das tres fases de acondicionamento previstas na zona (xardín infantil, corredor e praza Salvador de Madariaga) cuxa execución se completará a finais do mes de marzo.
Para público en xeral
Dende o 07/02/2023 ata o 31/03/2023
Xa rematou
O pasado 31 de xaneiro finalizaron os traballos de reforma e mellora da zona verde que arrodea a área infantil do Ventorrillo, que se desenvolveron ao longo da segunda quincena de xaneiro.
As obras supuxeron a mellora dos macizos arbustivos, do céspede e a substitución de distintos exemplares secos. Reparáronse e actualizáronse os sistemas regadura da praza, substituíronse varios emisores e un programador obsoletos, realizouse un saneamento dos macizos que arrodean a área infantil e recuperouse o deseño perdido, retiráronse varios exemplares de tuia, teixo e Leptospermum secos, para permitir unha maior entrada de luz na praza, e completáronse os debuxos dos macizos existentes con masas arbustivas Abelia Caleidoskope e Nandina Gulf Stream. Volvéronse sementar,ademais, as zonas de céspede afectadas pola sombra proxectada pola vexetación vella.
Tallouse tamén un pradairo (Acer saccharinum) que invadía a fachada dun edificio próximo e que se substituíu por dous exemplares de Betula multitronco.
A empresa que realizou os traballos é Contorna, Técnicas Construtivas, SL, e o importe das tarefas foi de 43.492,39 € (IVE incluído).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible