Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Inicio de execucións subsidiarias por prevención de incendios forestais

As execucións subsidiarias levaranse a cabo a partir das 8:30 horas do día 20 de xullo de 2026 por parte do persoal designado pola Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 20/07/2026 hasta el 31/12/2026

Documentos:

Resolución de execucións subsidiarias (147 KB)

Informe proposta con parcelas a intervir (325 KB)

Principian os traballos para executar subsidiariamente a orde contida no Decreto do pasado 2 de xullo, emitido pola Concelleira Delegada de Medio Ambiente, consistente na realización dos traballos de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra os incendios forestais nas parcelas descritas no informe proposta que se achega e que fundamenta o dito decreto, unha vez transcorrido o prazo de cumprimento voluntario por parte da/s persoa/s responsable/s dos terrenos.

Así mesmo, procederase ó comiso da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban se retiradas, segundo os criterios establecidos na Disposición Adicional Terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

As personas propietarias das parcelas nas que se vai intervir deberán aboar o importe dos gastos derivados destas execucións subsidiarias cuxas liquidacións provisionales se aproban agora a expensas da liquidación definitiva que se emita unha vez se realicen as actuacións necesarias.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados recurso contencioso-administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados, en ambos casos, dende o día seguinte ao de notificación desta resolución.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión