Concello da Coruña

Concello da Coruña

Iníciase o procedemento de revogación da autorización de uso de 17 hortos urbanos e 7 mesas de cultivo

Constatada a falta de uso das ditas parcelas durante máis dun mes os seus adxudicatarios poderían perder o dereito de uso dos hortos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/11/2022 ata o 23/02/2023

Xa rematou

Documentos:

Bases da convocatoria 2022 (BOP núm. 28 de 10.02.2022) (143 KB)

A través de varias visitas de inspección realizadas ao longo do mes de outubro aos hortos de Agra do Orzán, Eirís e Novo Mesoiro, o Servizo de Medio Ambiente constatou que hai dezasete parcelas e sete mesas de cultivo que levan sen ser traballadas durante un período superior a un mes, e sen que conste na Concellaría de Medio Ambiente que os seus adxudicatarios presentasen algunha xustificación para tal incumprimento.

As bases da convocatoria actual do uso de hortos urbanos (publicada no BOP núm. 28 do 10 de febreiro de 2022) establece que dita autorización "poderá ser revogada unilateralmente polo Concello en calquera momento, e sen máis trámite, por razóns de interese público, sen dereito a indemnización (...)" se se detectan unha serie de incumprimentos, entre eles "no caso de que se produza falta de uso durante un período superior a un mes sen xustificación, exceptuando os meses de decembro a febreiro".

Por tal motivo, o Concello iniciou o procedemento de revogación das autorizacións de cultivo nas parcelas indicadas a continuación:

LOCALIZACIÓN

Nº DE PARCELA

PARQUE NOVO MESOIRO

2

PARQUE DE EIRÍS

23

PARQUE DE EIRÍS

28

PARQUE DE EIRÍS

29

PARQUE DE EIRÍS

37

PARQUE DE EIRÍS

62

PARQUE DE EIRÍS

71

PARQUE DE EIRÍS

MESA 3

PARQUE DE EIRÍS

MESA 9

AGRA DO ORZÁN

15

AGRA DO ORZÁN

18

AGRA DO ORZÁN

25

AGRA DO ORZÁN

33

AGRA DO ORZÁN

34

AGRA DO ORZÁN

72

AGRA DO ORZÁN

75

AGRA DO ORZÁN

100

AGRA DO ORZÁN

102

AGRA DO ORZÁN

118

AGRA DO ORZÁN

MESA 2

AGRA DO ORZÁN

MESA 4

AGRA DO ORZÁN

MESA 5

AGRA DO ORZÁN

MESA 7

AGRA DO ORZÁN

MESA 9

Os seus adxudicatarios recibirán unha notificación comunicándolles o inicio do procedemento e dándolles un prazo de dez días para presentar as alegacións que consideren oportunas. O cómputo do prazo iniciarase o día seguinte da recepción da dita notificación.

Nos casos nos que non se presente ningunha alegación, resolverase o expediente coa adxudicación da parcela á persoa que corresponda, segundo a listaxe de reserva existente nesta convocatoria (orde establecida conforme o punto 17 das bases que a regulan).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión