Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cambio de titularidade hostalería

En que consiste?:

É un cambio da persoa titular da licenza de apertura dun local de hostalería. Consiste na transmisión pola persoa titular dunha licenza a unha terceira interesada en continuar co exercicio da mesma actividade no local para o que se concedeu. Para iso, a licenza ten que estar vixente e a actividade exercéndose, e debe ser a mesma actividade e no local de que se trate a pretendida pola persoa adquirente.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Modelo de solicitude específico.
  • Autorización da anterior persoa titular. Nos casos de falecemento da persoa titular da actividade para a obtención da transmisión polos/as seus/súas herdeiros/as, bastará a copia da declaración de falecemento e declaración de herdeiros. Para aqueles supostos nos que a persoa dona do local, distinta da titular da actividade se se atopa ante un conflito de desafiuzamento, bastará a copia da sentenza e, de ser o caso, do lanzamento da/o arrendataria/o ou precarista. Se as persoas solicitantes constitúen unha sociedade civil ou comunidade de bens, farase constar o nome de todas as persoas socias ou comuneiras. Se a solicitante é unha persoa xurídica achegarase o documento acreditativo da persoa que a representa.
  • Copia da licenza de apertura ou funcionamento.
  • Alta en I.A.E. (ou declaración negativa, modelo 036).
  • Acreditar que non deixou de exercerse actividade no local por tempo superior a 6 meses para o que se presentará unha copia da baixa en Facenda da anterior persoa titular ou calquera outro medio de proba admisible no seu dereito.
  • Copia dun documento que acredite a dispoñibilidade do local (contrato de compravenda, arrendamento, herdanza).
  • Depósito previo (Ordenanza fiscal municipal núm. 4).
  • Proxecto técnico de adecuación do local ás condicións esixidas no RAMINP (ou se é o caso xustificación de que houbo unha comprobación recente do cumprimento das condicións).
  • Certificado acústico do cumprimento das condicións da Ordenanza ambiental, e, en todo caso dos requisitos previstos polo Decreto 320/2002 do 7 de novembro, de protección contra a contaminación acústica, expedido por unha empresa homologada pola Xunta de Galicia.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión