Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de outubro de 2014

Listaxe provisional de admitidos, excluídos e prazo de corrección de erros para autorizacións de uso de hortas urbanas

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para a concesión das autorizacións de uso das hortas urbanas.

Unha vez finalizado o trámite previsto na convocatoria publicada no BOP do 1 de agosto do 2014 e esgotada igualmente a prórroga concedida mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de setembro do 2014, procédese á publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas e conceder o prazo de corrección de erros das presentadas ata a data.

Sen prexuízo de que o prazo continúa aberto para novas solicitudes, dado que non se esgotaron o total de hortas dispoñibles, non é necesario proceder ao sorteo previsto nas bases nin á asignación proporcional por grupo de solicitante.

Tendo en conta que existen hortas dispoñibles, non se considera necesario publicar a lista de persoas admitidas, senón tan só a das excluídas e daquelas que deben emendar a solicitude presentada no prazo de 10 días, pois todas as que non se detallen a continuación como excluídas ou con necesidade de completar solicitude están admitidas.

Posto que segue aberto o prazo de presentación, en diante serán resoltas individualmente cada solicitude presentada ata esgotar o total de hortas dispoñibles.

Máis información no documento adxunto.

Documentos:

CONVOCATORIA-HUERTOS-MESOIRO-2.pdf (115 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión