Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Cando:

31 de xullo de 2014

Publicadas no BOP as bases que regulan a convocatoria para a concesión das autorizacións de uso nas hortas urbanas situadas no barrio de Novo Mesoiro

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o 28 de xullo do 2014, adoptou o acordo polo que se aproban as bases que regulan a convocatoria para a concesión das autorizacións de uso nas hortas urbanas situadas no barrio de Novo Mesoiro.

DESCRICIÓN DAS HORTAS, DISTRIBUCIÓN POR GRUPOS DE POBOACIÓN E RESERVAS

O Concello pon a disposición da cidadanía 89 hortas de lecer para práctica de agricultura ecolóxica e as súas instalacións complementarias, localizadas nunha parcela de titularidade municipal situada en Novo Mesoiro á altura do portal número 2 da Rúa Fragas do Eume, termo municipal da Coruña, que conta cunha extensión total de 8.309 m2.

Cada horta conta cunha superficie aproximada de 50 m2 e a súa adxudicación levará aparellada a adxudicación dun armario (arcón) para a almacenaxe de apeiros e útiles.

Todas as hortas están dotadas de acometida de auga para a rega.

Cales son as tarifas?

En caso de resultar adxudicatario as tarifas para aboar serán as seguintes (Ordenanza fiscal nº 43, apartado E) do artigo 4):

1. Tarifas xerais:

  • Por cada horta, ao mes 25,00
  • Cota de inscrición 50,00
2. Tarifas sociais
  • Por cada horta, ao mes 0,00
  • Cota de inscrición 50,00

As tarifas sociais serán de aplicación a aquelas persoas que, empadroadas no municipio da Coruña, acrediten uns ingresos anuais inferiores ao 75% do IPREM e exclusivamente para o número de hortas que, do total, se destinen a estas tarifas (nunca inferior a un 20% do total).

As tarifas teñen IVE incluído.

 

Que categorías de solicitantes se consideran?

I.- Persoas con ingresos anuais menores que o 75% do IPREM

II.- Xubiladas/os ou maiores de 65 anos

III.- Adultos maiores de 30 anos

IV.- Mocidade de entre 18-30 anos

As 89 hortas, cada unha coa súa correspondente numeración, serán distribuídas de forma proporcional ao número de solicitantes de cada categoría. Teranse en conta as seguintes reservas:

  • Un mínimo de 20 hortas asignaranse aos solicitantes do Grupo I.
  • Dúas hortas resérvanse para a práctica de actividades de educación ambiental promovidas polo Concello da Coruña.
  • Dúas hortas resérvanse para proxectos de asociacións, colectivos, centros educativos ou culturais vinculados ao barrio de Novo Mesoiro.

De non cubrirse todas as prazas reservadas para o Grupo I, pasarán a formar parte dos grupos seguintes distribuíndose tamén, de maneira proporcional, ao número de solicitantes de cada un deles.

Que requisitos se necesitan para ser persoa adxudicataria?

Poderán ser usuarias do servizo e, polo tanto, poderán beneficiarse das autorizacións de uso e aproveitamento das hortas, aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 18 anos.

b) Estar inscrito no Padrón Municipal da Coruña con antigüidade mínima dun ano anterior á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

c) Estar ao corrente no pago das obrigas tributarias ou doutra índole co Concello da Coruña.

c) Non ter en propiedade a persoa solicitante nin ningunha outra da súa unidade familiar, nin en usufructo ou arrendamento ou baixo calquera outra forma de cesión, terreos aptos para cultivo.

d) Estar capacitado/a para cultivar unha pequena horta sen que supoña un risco para a súa saúde.

e) Asistencia obrigatoria ao curso de formación inicial impartido polo Concello.

Como e cando se solicitan?

Presentaranse en calquera oficina do Rexistro Oficial do Concello, cubríndose un impreso de solicitude xeral no que deberá detallarse expresamente:

a) A categoría á que desexa acollerse das catro previstas no artigo 2 das bases da convocatoria. Só se poderá solicitar a inclusión nunha categoría aínda que se reúnan os requisitos doutras.

b) O nome e grao de parentesco doutros membros da unidade familiar convivencial que o solicitante desexe incluír como autorizados para o uso e aproveitamento da horta que deberán reunir os requisitos sinalados no apartado 3.

Só se admitirá unha única solicitude por unidade familiar.

Deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade (DNI) da persoa solicitante e de cada unha das persoas da unidade familiar convivencial que figurarán como autorizados.
  • Só para o grupo de persoas con ingresos anuais menores que o 75% do IPREM, deberá presentarse fotocopia compulsada da última declaración da Renda ou certificado negativo expedido pola Axencia Estatal Tributaria relativo á non obriga da súa presentación, referido á persoa solicitante e ás persoas da unidade familiar convivencial que desexe que figuren como autorizados.

Con todo, a persoa solicitante poderá obviar a presentación desta documentación aceptando que os seus datos fiscais e o dos membros da unidade familiar, se é o caso, sexan directamente comprobados polo propio Concello, acompañando para o efecto o impreso de autorización que lle será entregado no Rexistro Xeral ou que pode ser descargado da propia páxina web municipal (www. coruna.es, no apartado Servizos, Trámites e xestións, Impresos oficiais relativos a Facenda).

O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 145 do 1 de agosto do 2014) e taboleiro de anuncios municipal e finalizará o 10 de setembro.

Documentos:

CONVOCATORIA-HUERTOS-MESOIRO-2.pdf (115 KB)

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?