Concello da Coruña

Concello da Coruña

Reversión de parcelas expropiadas

En que consiste?:

Posibilita a recuperación do ben expropiado na súa totalidade ou parte sobrante en determinados supostos:

  • no caso de non efectuarse a obra ou non establecerse o servizo que motivou a expropiación
  • se houbese algunha parte sobrante de bens expropiados
  • por desafectación do ben expropiado

A quen vai dirixido?:

Antigos titulares expropiados ou os seus habentes causa

Prazo de presentación:

Os prazos de presentación son os establecidos na normativa reguladora segundo os supostos, sendo esta:

  • Lei do 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa
  • Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa
  • Lei 8/2007, do solo 

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude da persoa interesada na que se acredite ser expropiado ou habente causa do expropiado
  • Acta de pago e ocupación da expropiación levada a cabo sobre a parcela cuxa reversión se pretende
  • Plano do ámbito cuxa reversión solicita
  • Xustificación de acharse nalgún dos supostos que dan dereito á reversión

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión